lunes, 12 de marzo de 2007

"NADA"

Eu non son tí...
e non sendo tí non son nada
son sólo o mar cando ruxe e cando suave morre na praia
e sen tí, e non sendo tí, non queda nada,
só queda o cheiro morno da primavera que deixa a terra mollada
e non son nada, son tanto que non sei ser nada,
son o ruido xordo do trono que parte a árbore e a ialma
son a luz cegadora do raio que che atravesa a espalda
son a choiva, son o vento, o amor eterno, furacanada,
eu non son tí, e non sendo tí non son nada...
Eu non son tí...
e non sendo tí, non sinto nada,
só sinto o sabor salgado dalgunha maldicida bágoa
e sen tí, o non sentirte, non sinto nada,
só sinto o bramar do aire, a música bendita na mirada
e non sinto nada, sinto tanto que non amo nada,
amo só o sol das mañáns e o luar das noites xeadas
amo o amor eterno das estrelas baixo a miña saia,
o sorriso dun neno, o sentir dunha man que se regala,
eu non te amo, e sen amarte, non sinto nada.
Eu non son tí...
e non sendo tí non quero nada
só quero ser inmortal e levar o teu nome na mirada,
e sen tí, e sen terte, non quero nada,
só quero non reterte e que libre no vento busques a túa morada,
e non quero nada, quérote tanto que xa non queda nada
só queda o tempo vivido e os soños que por nós agardan
quedamos só nos, os anos que quedan e o tempo que pasa,
só queda a noite pecha e o dia que a noite sempre agarda,
eu non sei si te quero, e sen querete, non queda nada...

No hay comentarios: